Monthly Archives: Maio 2016

//Maio
­

Empresarios galegos interésanse polas vantaxes que ofrece o programa Principia para a contratación de profesionais de I+D+i

Maio 31st, 2016|

Durante a xornada organizada pola Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA), en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Confederación de Empresarios de Pontevedra, presentáronse os detalles desta convocatoria de axudas, impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, que chegará a mobilizar 3 millóns de euros para a formalización de 300 novos empregos.

ATIGA y GAIN presentan ás empresas galegas o Programa Principia para a contratación de profesionais de I+D+i

Maio 24th, 2016|

O vindeiro martes 31 de maio, a Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA), en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), organiza, na Confederación de Empresarios de Pontevedra (Vigo), o taller "Programa Principia. Axudas para a contratación de profesionais en actividades de I+D+i", que ten por obxectivo presentar ás empresas galegas os detalles deste novo programa de axudas, impulsado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

ATIGA e os seus centros tecnolóxicos participan no Multiforo Industria 4.0 organizado pola Xunta de Galicia e a Axencia Galega de Innovación

Maio 9th, 2016|

A Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia e os seis centros tecnolóxicos que a integran participaron esta mañá, en Santiago de Compostela, no Multiforo Industria 4.0, co obxectivo de achegar ás empresas industriais as tecnoloxías da Industria 4.0, que están a configurar unha nova realidade industrial a escala global.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies