Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA), creada en 2012, está composta por AIMENANFACO-CECOPESCACTAGENERGYLABGRADIANT e ITG, os seis centros tecnolóxicos galegos de carácter estatal.

Grazas á suma das capacidades destes centros tecnolóxicos de referencia, ATIGA é un aliado estratéxico en I+D+i para o empresariado galego, ofrecendo unha dilatada experiencia no desenvolvemento de proxectos de innovación, tanto propios como en colaboración con outras compañías, para os principais sectores estratéxicos de Galicia.

A través da cooperación entre os seus membros, ATIGA traballa para alcanzar a excelencia tecnolóxica, fomentar a participación conxunta no desenvolvemento de grandes proxectos consorciados nacionais e da UE e para ofrecer ás empresas maiores oportunidades de actuación a nivel internacional.

Actualmente é a principal Alianza privada no ámbito da innovación en Galicia e o maior axente mobilizador do I+D+i empresarial, situando a innovación como eixo básico da mellora do tecido produtivo e da modernización da industria. O seu gran reto é situar a Galicia como referente tecnolóxico, unindo esforzos para competir a nivel nacional e europeo. ATIGA traballa coas Administracións Públicas na definición das políticas de I+D+i.

Catálogo Corporativo ATIGA

Membros de ATIGA