mundinova

/mundinova
­

About mundinova

This author has not yet filled in any details.
So far mundinova has created 27 blog entries.

ATIGA e SabadellGallego asinan un convenio para impulsar o sector tecnolóxico en Galicia

Outubro 26th, 2016|

En virtude deste acordo, ATIGA e SabadellGallego desenvolverán actividades conxuntas que axuden a potenciar a competitividade da economía galega a través da innovación e a internacionalización.

ATIGA colabora coa Xunta de Galicia e o Igape para consolidar o desenvolvemento e implantación da Industria 4.0 en Galicia

Setembro 22nd, 2016|

O Consello da Xunta de Galicia aprobou hoxe a firma dun convenio de colaboración, pioneiro en Galicia, entre IGAPE, ATIGA e os centros tecnolóxicos integrados nesta Alianza, para a detección e análise de oportunidades sectoriais para as empresas industriais galegas no marco da Industria 4.0.

ATIGA, GAIN E INL presentan a empresarios galegos as múltiples oportunidades de negocio que ofrece a nanotecnoloxía

Xullo 26th, 2016|

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde, inaugurou a xornada "Nanotecnoloxía e Oportunidades", na que se puxo en valor o papel desta tecnoloxía para dinamizar o tecido produtivo galego adaptando os procesos e os produtos para responder eficazmente ás novas necesidades do mercado.

ATIGA e GAIN informan as empresas sobre as vantaxes competitivas de apostar pola innovación colaborativa en alianza con centros tecnolóxicos

Xullo 21st, 2016|

Durante a xornada "Innovación Tecnolóxica e Competitividade" déronse a coñecer fórmulas de innovación baseadas na cooperación entre os centros tecnolóxicos e o tecido empresarial. As compañías puxeron o valor o esforzo que realizan os centros tecnolóxicos para entender as súas necesidades e buscar solucións innovadoras concretas, adaptar tecnoloxías existentes ao seu sector, e, mesmo, adiantarse e ofrecer desenvolvementos que lles permitiron destacar no mercado.

ATIGA y CDTI analizan os detalles das convocatorias CIEN e FEDER Innterconecta para o desenvolvemento de proxectos de I+D+i

Xuño 8th, 2016|

Durante a xornada "Instrumentos de apoio á I+D+i das empresas", organizada pola Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA), en colaboración co Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI), analizáronse os instrumentos de financiamento dos que dispón este organismo e púxose en valor o peso de Galicia no ecosistema nacional da innovación.

Empresarios galegos interésanse polas vantaxes que ofrece o programa Principia para a contratación de profesionais de I+D+i

Maio 31st, 2016|

Durante a xornada organizada pola Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA), en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Confederación de Empresarios de Pontevedra, presentáronse os detalles desta convocatoria de axudas, impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, que chegará a mobilizar 3 millóns de euros para a formalización de 300 novos empregos.

ATIGA y GAIN presentan ás empresas galegas o Programa Principia para a contratación de profesionais de I+D+i

Maio 24th, 2016|

O vindeiro martes 31 de maio, a Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA), en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), organiza, na Confederación de Empresarios de Pontevedra (Vigo), o taller "Programa Principia. Axudas para a contratación de profesionais en actividades de I+D+i", que ten por obxectivo presentar ás empresas galegas os detalles deste novo programa de axudas, impulsado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

ATIGA e os seus centros tecnolóxicos participan no Multiforo Industria 4.0 organizado pola Xunta de Galicia e a Axencia Galega de Innovación

Maio 9th, 2016|

A Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia e os seis centros tecnolóxicos que a integran participaron esta mañá, en Santiago de Compostela, no Multiforo Industria 4.0, co obxectivo de achegar ás empresas industriais as tecnoloxías da Industria 4.0, que están a configurar unha nova realidade industrial a escala global.

ATIGA consolídase en 2015 como a principal alianza privada no ámbito da innovación en Galicia

Abril 11th, 2016|

A Alianza Tecnológica Intersectorial de Galicia (ATIGA) pechou o ano 2015 como principal alianza privada no ámbito da innovación en Galicia, aumentando o seu volumen de ingresos agregados un 6,9% e o investimento acumulado en infraestruturas un 10,6%.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies