Obxectivos

  • Facilitar a adecuada transferencia de coñecementos e a absorción das solucións desenvolvidas polos Centros Tecnolóxicos por parte da industria.
  • Potenciar, conectar e internacionalizar o ecosistema galego de innovación, incrementando a xeración de patentes, a venda de tecnoloxía no exterior e a participación de empresas en programas europeos e internacionais de innovación, como o Programa H2020.
  • Conectar os diferentes sectores industriais, mediante metodoloxías de traballo e solucións tecnolóxicas transversais que faciliten a hibridación sectorial.
  • Ser un colaborador clave das Administracións Públicas na definición das políticas públicas relacionadas coa I+D+i.
  • Impulsar un polo tecnolóxico multisectorial e excelente a nivel europeo que desenvolva as solucións tecnolóxicas necesarias para garantir a transformación efectiva da industria.

Membros de ATIGA