• As cifras de 2018 consolidan a sólida senda de crecemento dos centros de excelencia ATIGA.
  • A inversión conxunta en 2018 superou o novo equipamento científico – tecnolóxico superou os 8 millóns de euros.
  • Dende o estudo Oportunidades Industria 4.0 ata a formación conxunta con case 500 persoas formadas nos últimos 4 anos, actuacións clave de ATIGA en 2018.

Os centros tecnolóxicos asociados en ATIGA, AIMEN, ANFACO-CECOPESCA, CTAG, ENERGYLAB, GRADIANT e ITG consolídanse e crecen sobre os datos de 2017. No seu avance de resultados de 2018 o presidente de ATIGA apuntou o crecemento nos principais indicadores de actividade, ingresos, proxectos e clientes. A falta do peche das cifras definitivas, que se compartirán íntegras proximamente, este crecemento, en palabras do presidente de ATIGA, Juan Manuel Vieites, se sustenta nunha “aposta decidida pola mellora continua tanto dos centros como da Xunta de Galicia”.

Vieites destacou que a inversión agregada durante 2018 en equipamentos tecnolóxicos punteiros superou os 8 millóns de euros. Equipamentos de distinta índole relacionados con la biotecnoloxia, os materiais avanzados, o coche autónomo, a industria 4.0 ou os drons e co fin último de acercar as empresas galegas as diversas oportunidades que brindan as tecnoloxías emerxentes e facelas mais innovadoras e competitivas.

Estes datos mostran o “Know-how” e “expertise” dos centros tecnolóxicos galegos e ilustran como os case 2.000 clientes valoran e requiren os seus servizos de alto valor engadido que permiten que as empresas, en especial as pymes, poidan investigar e innovar sen dedicar recursos dos que no dispoñen e reducindo así os riscos. Os centros convértense así en socios tecnolóxicos das empresas e desenvolven un papel clave mobilizando a inversión privada en I+D+i e axudando as empresas no proceso de internacionalización. Apoio que pode significar dende abrir a porta a paticipación nun proxecto europeo de I+D+i a entrar en contacto cun novo provedor ou un potencial cliente.

En 2018 dende ATIGA se desenvolveron distintas actuacións en colaboración coa Xunta de Galicia. Co IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) elaborouse e presentouse no estudo Oportunidades Industria 4.0 en Galicia, un estudo pioneiro a nivel internacional que permitiu detectar a situación e necesidades clave das empresas en canto a tecnoloxías emerxentes. No marco de outro convenio con GAIN (Axencia Galega de Innovación) potenciouse a presenza internacional dos centros en distintos eventos e foros tecnolóxicos e non menos importante, continuouse cun programa formativo conxunto grazas o cal case 500 investigadores e outros empregados dos centros pasaron polas aulas de ATIGA durante os últimos 4 anos.    

Actuacións e iniciativas que foron posibles grazas o apoio da Xunta de Galicia e que mostran a estreita colaboración público – privada que permite continuar coa aposta pola modernización da nosa rexión. En 2019 e segundo Vieites, presidente de ATIGA, os centros seguirán a participar e apoiar de forma significativa as iniciativas da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Iniciativas e retos que van dende os Digital Innovation Hubs pasando pola participación na incipiente Red Cervera de centros de excelencia a nivel nacional ou a profundización do proceso de internacionalización dos centros e das empresas que o acompañan.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, apuntou que Galicia e os centros tecnolóxicos “están facendo ben as cousas” e que a traxectoria do goberno dende o 2009 “foi na liña da aposta constante en innovación e así seguirá sendo”. Así mesmo, Conde referiuse a recente creación da Axencia de Innovación que “Incrementou o seu orzamento nun 56% nos últimos 4 anos con accións marcadas polo ritmo do tecido produtivo e dunha forma importante, polos propios centros tecnolóxicos”.

De cara o futuro, “A Xunta de Galicia continuará desenvolvendo programas que permitan incrementar o talento, apostando por consolidar as capacidades en I+D dos propios centros tecnolóxicos y apoiando aos mesmos no seu posicionamento internacional, co obxectivo de facilitar que Galicia poida continuar respondendo os retos da economía e a industria 4.0”, concluíu.