De conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal (LOPD) e a súa normativa de desenvolvemento, a Asociación de Centros Tecnolóxicos de Galicia (ATIGA) como responsable deste sitio web (en diante o prestador) informa a todas as persoas usuarias do mesmo que faciliten ou vaian facilitar os seus datos de carácter persoal, que estes poderán ser incorporados a ficheiros que se atopan debidamente inscritos na Axencia Española de Protección de Datos.

As persoas usuarias, aceptan expresamente e de forma libre e inequívoca que os seus datos de carácter persoal sexan tratados por parte do prestador para as seguintes finalidades:

1. Remisión de comunicacións comerciais publicitarias por e-mail, fax, SMS, MMS, comunidades sociais ou de calquera outro medio electrónico ou físico, presente ou futuro, que posibilite realizar comunicacións relacionadas sobre produtos ou servizos ofrecidos polo prestador, así como por parte dos colaboradores ou partners cos que este alcanzase algún acordo de promoción comercial. Neste caso, os terceiros nunca terán acceso aos datos de carácter persoal. En todo caso, as comunicacións comerciais serán realizadas por parte do prestador.

2. Realizar estudos estatísticos.

3. Tramitar encargos, solicitudes ou calquera tipo de petición que sexa realizada pola persoa usuaria a través de calquera das formas de contacto que se poñen a disposición da persoa usuaria no sitio web da entidade.

Este sitio web está dirixido exclusivamente a maiores de idade, en caso contrario as persoas usuarias deberán absterse de proporcionar dato algún de carácter persoal.

O prestador informa e garante expresamente ás persoas usuarias que os seus datos de carácter persoal non serán cedidos en ningún caso a terceiros, e que sempre que se fose a realizar algún tipo de cesión de datos, de forma previa, solicitaríase o consentimento expreso, informado, e inequívoco por parte das persoas titulares.

O prestador garante en todo caso á persoa usuaria o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación, información e oposición, nos termos dispostos na lexislación vixente. Por iso, de conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal (LOPD) poderá exercer os seus dereitos remitindo unha solicitude expresa, xunto cunha fotocopia do seu DNI ou documento acreditativo equivalente, ao domicilio social do prestador.

Da mesma maneira, o prestador adoptou as medidas técnicas e de organización necesarias para garantir a seguridade e integridade dos datos de carácter persoal que trate, así como para evitar a súa perda, alteración e/ou acceso por parte de terceiros non autorizados.

USO DE COOKIES E DO FICHEIRO DE ACTIVIDADE

O prestador, pola súa propia conta ou a dun terceiro contratado para a prestación de servizos de medición, pode utilizar cookies cando unha persoa usuaria navega polo sitio web.

As cookies son ficheiros enviados ao navegador por medio dun servidor web coa finalidade de rexistrar as actividades desa persoa usuaria durante o seu tempo de navegación. As cookies utilizadas polo sitio web asócianse unicamente cunha persoa usuaria anónima e o seu computador, e non proporcionan por si mesmas datos de carácter persoal da persoa usuaria.

Mediante o uso das cookies resulta posible que o servidor onde se atopa o sitio web, recoñeza a navegador web utilizado pola persoa usuaria coa finalidade de que a navegación sexa máis sinxela, permitindo, por exemplo, o acceso ás persoas usuarias que se rexistraron previamente, acceder ás áreas, servizos, promocións ou concursos reservados exclusivamente a elas sen ter que rexistrarse en cada visita. Utilízanse tamén para medir a audiencia e parámetros do tráfico, controlar o progreso e o número de entradas.

A persoa usuaria ten a posibilidade de configurar o seu navegador para ser avisado da recepción de cookies e para impedir a súa instalación. Por favor, consulte as instrucións e manuais do seu navegador para ampliar esta información.

No caso de empregar cookies neste sitio web ofrecerase información máis en detalle sobre todo isto na Política de Cookies.

SEGURIDADE

O sitio web utiliza técnicas de seguridade da información xeralmente aceptadas na industria, tales como firewalls, procedementos de control de acceso e mecanismos criptográficos, todo isto co obxecto de evitar o acceso non autorizado aos datos. Para lograr estes fins, a persoa usuaria acepta que o prestador obteña datos para efectos da correspondente autenticación dos controis de acceso.

Todo proceso de contratación ou que puidese implicar a introdución de datos de carácter persoal de nivel alto (saúde, ideoloxía, …) será conforme á Lei e os datos serán sempre transmitidos mediante protocolo de comunicación segura (https://), de tal forma que ningún terceiro teña acceso á información transmitida por vía electrónica.

EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE

O prestador non se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen ocasionar, a título enunciativo: erros ou omisións nos contidos, falta de dispoñibilidade do portal ou a transmisión de virus ou programas maliciosos ou lesivos nos contidos, a pesar de adoptar todas as medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo.

Membros de ATIGA