Yearly Archives: 2015

/2015
­

GAIN e ATIGA comparten con máis de 30 empresas de O Porriño as claves para participar na terceira edición do Programa Conecta Peme

9 Decembro, 2015|

A Axencia Galega de Innovación (GAIN), en colaboración coa Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA) celebrou no Centro de Aplicacións Láser de AIMEN un novo taller de traballo para presentar ás empresas as principais novidades que incluirá a terceira edición Programa Conecta Peme, impulsado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

Empresas e investigadores galegos interésanse en Vigo polas vantaxes que ofrece o Programa Conecta Peme para o desenvolvemento dos seus proxectos de I+D+i

2 Decembro, 2015|

Máis de medio centenar de empresarios e investigadores galegos asistiron esta mañá en Vigo ao taller de presentación da terceira edición do Programa Conecta Peme, organizada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), en colaboración coa Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA).

Máis de 70 empresas analizan en Santiago a convocatoria Horizonte 2020 en agroalimentación, bioeconomía e medio ambiente 

18 Novembro, 2015|

Máis de 70 empresas asistiron, na sede de FEUGA, á xornada “Horizonte 2020 en 2016: Seguridade alimentaria, agricultura e silvicultura sostible, investigación mariña e bioeconomía; acción polo clima, eficiencia de recursos e materias primas”, organizada por FEUGA, ATIGA, GAIN e CETAQUA, en colaboración co CDTI. Durante o encontro presentáronse as prioridades de financiamento para as convocatorias do Programa Horizonte 2020 para o vindeiro ano, centrándose en temáticas relacionadas coa bioeconomía, a agroalimentación e o medio ambiente, áreas de interese para Galicia ás que se destinará un orzamento de 440M€.

Máis de medio centenar de empresas infórmanse en Vigo sobre as posibilidades de participación no programa europeo de innovación Horizonte 2020 en 2016

12 Novembro, 2015|

No transcurso do acto, organizado por FEUGA, ATIGA, GAIN e GPPQ, presentáronse ás empresas galegas as prioridades de financiamento para as convocatorias do Programa Horizonte2020 en 2016, dotadas con 857 millóns de euros; así como os organismos e centros de innovación existentes en Galicia e o norte de Portugal para que as empresas coñezan as súas capacidades tecnolóxicas para crear posibles alianzas competitivas.

Axentes de innovación potencian o coñecemento do Horizonte 2020 para fomentar a competitividade das empresas galegas no mercado internacional

5 Novembro, 2015|

A Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA), a Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA), o Clúster TIC Galicia, o Centro Tecnolóxico do Auga (CETAQUA) e o Gabinete de Promoção do Programa-Quadro de I&DT (GPPQ), en colaboración co Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI), a Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCPR-N); organizan el programa de actividades “Horizonte 2020 en 2016” para presentar as prioridades de financiación das convocatorias do próximo ano desta iniciativa europea.

A Xunta de Galicia viaxa a Alemaña, xunto cos centros tecnolóxicos e clústeres galegos, para coñecer os avances industriais das multinacionais xermanas

26 Outubro, 2015|

O obxectivo da visita foi que os centros tecnolóxicos e os clústeres actúen como pancas para transferir as novas tecnoloxías de produción ás pymes galegas. Puideron coñecer de primeira man os avances tecnolóxicos levados a cabo polas multinacionais Miele, Siemens e BMW.

Economía e Industria destaca a colaboración cos centros tecnolóxicos de ATIGA como panca para a captación de investimentos no marco do Horizonte 2020

11 Agosto, 2015|

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia asinan un acordo que mellorará as posibilidades das compañías e centros de coñecemento galegos para obter fondos europeos. O convenio impulsará ademais o emprendemento innovador asociado aos seis centros tecnolóxicos galegos, e reforzará a súa imaxe internacional apoiando a súa presenza en foros nacionais e internacionais.

Máis de medio centenar de empresarios interésanse en Vigo polas novas axudas do CDTI a proxectos de I+D+i

16 Abril, 2015|

No evento, organizado por ATIGA e a Axencia Galega de Innovación esta mañá sobre “Os Instrumentos de Apoio ao I+D+i das empresas”, representantes do CDTI anunciaron que a próxima convocatoria do Programa FEDER-INNTERCONECTA abrirase o próximo 30 de abril.

Xunta de Galicia e ATIGA reforzan a súa colaboración para dinamizar o I+D+i empresarial

27 Marzo, 2015|

O conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde; o director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela; e o presidente da Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA), Juan M. Vieites; presentaron en Vigo un acordo de colaboración para fortalecer os centros tecnolóxicos galegos como principais axentes dinamizadores do I+D+i empresarial.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies