Máis de medio centenar de empresarios e profesionais de diferentes sectores asistiron hoxe, no Centro de Negocios CZFV en Porto do Molle (Nigrán), á xornada Innovación Tecnolóxica e Competitividade?, organizada pola Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA), en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN). Na sesión déronse a coñecer, a través de experiencias de centros tecnolóxicos e empresas, fórmulas de innovación colaborativa que permiten ao tecido produtivo avanzar en procesos e produtos novos co fin de situarse no mercado nunha contorna competitiva.

Juan Manuel Vieites, presidente de ATIGA, resaltou a vinculación do sector privado cos centros tecnolóxicos integrados na Alianza achegando un dato significativo: o 71,2% dos seus ingresos totais proceden da facturación a empresas. Ademais, revelou que o papel que están a realizar os centros tecnolóxicos no marco do Programa Horizonte 2020 está a contribuír a unha maior implicación das empresas industriais. De feito, e segundo fontes para a asociación europea de centros tecnolóxicos EARTO, a participación deste tipo de compañías en proxectos de innovación elévase de media ao 31,2% cando hai centros tecnolóxicos dentro da iniciativa.

Pola súa banda, Jorge Barrero, director xeral da Fundación COTEC explicou que a I+D española ten no cambio de paradigma unha gran oportunidade de despuntar, xa que o novo modelo de innovación aberta e colaborativa que se está consolidando, fronte a estruturas máis pechadas e jerarquizadas, adáptase mellor á forma de traballar de centros de investigación e empresas españolas que outras fórmulas que apostan por estruturas máis pechadas e jerarquizadas.

Así mesmo, os centros tecnolóxicos de ATIGA e as empresas Selmark, Borgwarner, Hermasa, Centum Research & Technology e Cooperativa Vos Irmandiños; expuxeron, a través de experiencias propias, como articular relacións de cooperación exitosas en materia de I+D. Neste sentido, as compañías puxeron o valor o esforzo que realizan os centros tecnolóxicos para entender as súas necesidades e buscar solucións innovadoras concretas, adaptar tecnoloxías existentes ao seu sector, e, mesmo, adiantarse e ofrecer desenvolvementos que lles permitiron destacar no mercado.

Por último, Sonia Pazos, directora de Centros de GAIN explicou o novo contexto no que teñen que competir as empresas e resaltou a importancia da cooperación tecnolóxica e empresarial para acceder a oportunidades de maior alcance e impacto. Así mesmo, indicou que o Goberno galego ten na transferencia de resultados de investigación á empresa uno dos eixos fundamentais de impulso da innovación, para a cal se apoia aos centros tecnolóxicos no seu papel de aliados tecnolóxicos do tecido empresarial, impulsando a competitividade e o crecemento económico.