A Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA), os seis centros tecnolóxicos que a integran e a Xunta de Galicia, a través do IGAPE, traballarán conxuntamente con empresas, asociacións empresariais e expertos para coñecer o estado tecnolóxico e as oportunidades das empresas galegas. O obxectivo é facilitar a transición cara a un novo modelo produtivo máis orientado á innovación tecnolóxica, o da Industria 4.0. 
O estudio “A Industria 4.0 en Galicia”, que se desenvolverá ao longo dos próximos meses, analizará o nivel de implantación da industria 4.0 nos dez principais sectores da economía galega: Agroalimentación e Bio, Automoción, Madeira / Forestal, Naval, Metalmecánico, Téxtil / Moda, Aeronáutico, TIC, Enerxías Renovables e Pedra Natural.

A presentación do estudio tivo lugar na Cidade de la Cultura o 17 de marzo de 2017 e contou coa presencia de máis de 100 representantes dos principais sectores produtivos galegos.

Nota de prensa