O pasado 23 de xaneiro, a Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia, renovou a súa xunta directiva por un novo período de 4 anos.

Os seguintes cargos executivos foron reelixidos, de modo que continúan ao frente da mesma: Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa (ANFACO-CECOPESCA) como Presidente e Jesús Lago Gestido (AIMEN) e Luis Eulogio Moreno Diéguez
(CTAG) como vicepresidentes.

A Xunta Directiva é encargada de administrar e representar á asociación e nela están representados tódolos centros asociados: AIMEN, ANFACO-CECOPESCA, CTAG, EnergyLab, Gradiant e ITG.