A Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA) e SabadellGallego (Grupo Banco Sabadell) asinaron un convenio de colaboración que ten por obxectivo poñer a disposición das empresas e membros de ATIGA produtos e servizos que faciliten o acceso ás novas tecnoloxías, financiamento do circulante en calquera das modalidades, así como o financiamento a medio-prazo de novos investimentos en activos fixos mediante préstamos e leasing.
En virtude deste acordo, ATIGA e SabadellGallego desenvolverán actividades conxuntas que axuden a potenciar a competitividade da economía galega a través da innovación e a internacionalización (misións directas ou inversas de ATIGA, potenciación do I+D+i, formación, xornadas especializadas, etc.).
O acordo foi asinado por Juan Manuel Vieites, presidente da Asociación de Centros Tecnolóxicos de Galicia e por Pablo Junceda, director xeral de SabadellGallego.
Recent Comments