admin

/admin
­

About admin

This author has not yet filled in any details.
So far admin has created 41 blog entries.

ATIGA representa a Galicia en Vanguard Initiative, a principal rede de rexións innovadoras de Europa

7 Marzo, 2016|

ATIGA participou activamente na última reunión de Vanguard Initiative, celebrada en Bruxelas, que congregou a máis de 400 asistentes. A Alianza estivo presente en máis de 15 reunións operativas para posicionar e dar a coñecer a nosa rexión e tratar de aproveitar ao máximo este entorno de colaboración e oportunidade.

ATIGA renova a súa xunta directiva

21 Xaneiro, 2016|

A Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia, ATIGA, renovou a súa xunta directiva para os próximos 4 anos.

ATIGA solicita a Abel Caballero converter a Vigo e a súa área metropolitana en polo tecnolóxico excelente e smartcity de referencia nacional con tecnoloxía feita en Galicia

8 Xaneiro, 2016|

Juan Manuel Vieites, presidente de ATIGA, e representantes dos seus seis centros tecnolóxicos reuníronse co alcalde de Vigo, Abel Caballero, co obxectivo de suscitarlle unha serie de medidas de apoio ao I+D+i e ao labor dos Centros Tecnolóxicos como axentes crave no desenvolvemento industrial de Vigo e a súa área metropolitana.

GAIN e ATIGA comparten con máis de 30 empresas de O Porriño as claves para participar na terceira edición do Programa Conecta Peme

9 Decembro, 2015|

A Axencia Galega de Innovación (GAIN), en colaboración coa Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA) celebrou no Centro de Aplicacións Láser de AIMEN un novo taller de traballo para presentar ás empresas as principais novidades que incluirá a terceira edición Programa Conecta Peme, impulsado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

Empresas e investigadores galegos interésanse en Vigo polas vantaxes que ofrece o Programa Conecta Peme para o desenvolvemento dos seus proxectos de I+D+i

2 Decembro, 2015|

Máis de medio centenar de empresarios e investigadores galegos asistiron esta mañá en Vigo ao taller de presentación da terceira edición do Programa Conecta Peme, organizada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), en colaboración coa Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA).

Máis de 70 empresas analizan en Santiago a convocatoria Horizonte 2020 en agroalimentación, bioeconomía e medio ambiente 

18 Novembro, 2015|

Máis de 70 empresas asistiron, na sede de FEUGA, á xornada “Horizonte 2020 en 2016: Seguridade alimentaria, agricultura e silvicultura sostible, investigación mariña e bioeconomía; acción polo clima, eficiencia de recursos e materias primas”, organizada por FEUGA, ATIGA, GAIN e CETAQUA, en colaboración co CDTI. Durante o encontro presentáronse as prioridades de financiamento para as convocatorias do Programa Horizonte 2020 para o vindeiro ano, centrándose en temáticas relacionadas coa bioeconomía, a agroalimentación e o medio ambiente, áreas de interese para Galicia ás que se destinará un orzamento de 440M€.

Máis de medio centenar de empresas infórmanse en Vigo sobre as posibilidades de participación no programa europeo de innovación Horizonte 2020 en 2016

12 Novembro, 2015|

No transcurso do acto, organizado por FEUGA, ATIGA, GAIN e GPPQ, presentáronse ás empresas galegas as prioridades de financiamento para as convocatorias do Programa Horizonte2020 en 2016, dotadas con 857 millóns de euros; así como os organismos e centros de innovación existentes en Galicia e o norte de Portugal para que as empresas coñezan as súas capacidades tecnolóxicas para crear posibles alianzas competitivas.

Axentes de innovación potencian o coñecemento do Horizonte 2020 para fomentar a competitividade das empresas galegas no mercado internacional

5 Novembro, 2015|

A Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA), a Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA), o Clúster TIC Galicia, o Centro Tecnolóxico do Auga (CETAQUA) e o Gabinete de Promoção do Programa-Quadro de I&DT (GPPQ), en colaboración co Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI), a Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCPR-N); organizan el programa de actividades “Horizonte 2020 en 2016” para presentar as prioridades de financiación das convocatorias do próximo ano desta iniciativa europea.

A Xunta de Galicia viaxa a Alemaña, xunto cos centros tecnolóxicos e clústeres galegos, para coñecer os avances industriais das multinacionais xermanas

26 Outubro, 2015|

O obxectivo da visita foi que os centros tecnolóxicos e os clústeres actúen como pancas para transferir as novas tecnoloxías de produción ás pymes galegas. Puideron coñecer de primeira man os avances tecnolóxicos levados a cabo polas multinacionais Miele, Siemens e BMW.

Economía e Industria destaca a colaboración cos centros tecnolóxicos de ATIGA como panca para a captación de investimentos no marco do Horizonte 2020

11 Agosto, 2015|

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) e a Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia asinan un acordo que mellorará as posibilidades das compañías e centros de coñecemento galegos para obter fondos europeos. O convenio impulsará ademais o emprendemento innovador asociado aos seis centros tecnolóxicos galegos, e reforzará a súa imaxe internacional apoiando a súa presenza en foros nacionais e internacionais.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies