¿Qué é “Oportunidades Industria 4.0 en Galicia”?

As empresas afrontan a transición cara un novo modelo produtivo máis orientado á innovación tecnolóxica, o da industria 4.0.
As novas tecnoloxías están revolucionando as formas de producir e Galicia debe afrontar a transformación dixital do seu tecido industrial. ¿Estamos preparados para este reto?
O Estudo “Oportunidades Industria 4.0 en Galicia” está impulsado polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA).

Obxectivos do estudo:

  • Coñecer o nivel tecnolóxico actual dos diferentes sectores produtivos
  • Identificar as oportunidades de mellora para o sector industrial
  • Adecuar as políticas públicas ás necesidades das empresas ou sectores

Resultados do Estudo

‘Oportunidades Industria 4.0 en Galicia’ ofrece recomendacións e oportunidades de mellora para as empresas galegas, organizadas en torno a dez sectores industriais considerados como estratéxicos: Agroalimentación e Bio, Madeira/Forestal, Automoción, Téxtil/Moda, Aeronáutico, Metalmecánico, TIC, Naval, Enerxías Renovables e Pedra Natural.

Máis de 350 empresas participaron na elaboración do estudo, para o que foron consultados tamén expertos sectoriais, clústeres e distintas asociacións empresariais. Os diagnósticos sectoriais, os estados da arte de cada unha das tecnoloxías emerxentes e o resumo executivo cos resultados globais están dispoñibles para consulta e descarga.

Descarga de documentos:

Resumo executivo

Estado da Arte – Contexto e claves metodolóxicas

Estado da Arte – Automatización e robótica

Estado da Arte – Big Data, Cloud Computing e Data Analytics

Estado da Arte – Sistemas Ciberfísicos e IoT

Estado da Arte – Fabricación Aditiva

Estado da Arte – Xestión da Enerxía e dos Residuos

Estado da Arte – HMI

Estado da Arte – Loxística avanzada

Estado da Arte – Materiais Intelixentes

Estado da Arte – Modelización, simulación e virtualización de procesos

Estado da Arte – Safety & Security

Diagnóstico sectorial – Aeroenáutico 

Diagnóstico sectorial – Alimentación e Bio

Diagnóstico sectorial – Automoción

Diagnóstico sectorial – Enerxías renovables

Diagnóstico sectorial – Madeira / Forestal

Diagnóstico sectorial – Metalmecánico

Diagnóstico sectorial – Naval

Diagnóstico sectorial – Pedra natural

Diagnóstico sectorial – Téxtil / Moda

Diagnóstico sectorial – TIC

Novidades

As empresas apostan pola tecnoloxía para aumentar  a súa eficiencia

O equipo encargado da elaboración do estudo ?Oportunidades Industria 4.0 en Galicia, impulsado por ATIGA e o IGAPE, xa mantivo entrevistas con 273 empresas, un 80% da mostra que se analizará antes da redacción dos informes definitivos. A coordinadora do traballo, Ana Paul, presentou os resultados preliminares na xornada ?Oportunidades Industria 4.0: claves galegas e perspectiva internacional?, celebrada en Vigo o 27 de setembro.

Sobre as motivaciones para investir en tecnoloxías 4.0, o 73% das empresas que apostaron pola innovación fixérono co obxectivo de incrementar a eficiencia dos seus sistemas produtivos e o 49 % buscaba unha maior eficiencia na xestión. Uns obxectivos que se antepoñen á procura de beneficios directos, que supoñen un incentivo para o investimento no 48% dos casos.

Sobre as barreiras que as empresas atópanse á hora de implantar novas tecnoloxías, un 53% dos encuestados recoñecen que o financiamento é o principal obstáculo, seguido polo descoñecemento das tecnoloxías 4.0 (36%) e a incerteza sobre o retorno do investimento (31%). Por este motivo, o 60% os emprendedores galegos creen que a Administración debería reforzar as axudas á innovación, mentres que un terzo dos entrevistados aposta pola formación cualificada en TIC e Industria 4.0.

O estudo xa conta coa participación de máis de 200 empresas

Máis de 200 empresas xa se interesaron por formar parte do estudo que ten como obxectivo coñecer o estado tecnolóxico e as oportunidades das empresas galegas no ámbito da industria 4.0. As empresas participantes pertencen aos dez principais sectores da economía galega: Agroalimentación e bio, Automoción, Madeira / Forestal, Naval, Metalmecánico, Téxtil / Moda, Aeronáutico, TIC, Enerxías Renovables e Pedra Natural.

A participación no estudo permitirá ás empresas facerlles chegar as súas necesidades á Xunta, coñecer as axudas que ofrece a administración para a modernización tecnolóxica e industria 4.0 e ter acceso á información tecnolóxica e ás capacidades existentes nos centros.

Reunión Grupo de traballo: Oportunidades Industria 4.0 en Galicia

O grupo de traballo para a elaboración do estudo “Oportunidades Industria 4.0 en Galicia” que ten como obxectivo coñecer o estado tecnolóxico e as oportunidades das empresas galegas neste ámbito, mantivo unha reunión para preparar o traballo de campo a realizar coas empresas. O obxectivo do estudo que se elaborará ao longo dos próximos meses, é facilitar a transición cara a un novo modelo de produto máis orientado á innovación tecnolóxica, o da industria 4.0. O traballo analizará o nivel de implantación da industria 4.0 nos dez principais sectores da economía galega: Agroalimentación e bio, Automoción, Madeira / Forestal, Naval, Metalmecánico, Téxtil / Moda, Aeronáutico, TIC, Enerxías Renovables e Pedra Natural.

Presentación do estudo “Oportunidades Industria 4.0 en Galicia

Nun contexto cada vez máis globalizado e competitivo, a innovación tecnolóxica é un factor crave para mellorar a competitividad das empresas e xerar crecemento económico. As novas tecnoloxías están revolucionando as formas de producir en todo o mundo e están propiciando a transformación digital do tecido industrial.

Galicia 4.0 é un proxecto do IGAPE e da Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA) no que traballan conjuntamente empresas, asociacións empresariais, expertos e Centros Tecnolóxicos para coñecer o estado tecnolóxico e as oportunidades das empresas galegas para facilitar a transición cara a un novo modelo produtivo máis orientado á innovación tecnolóxica, o da Industria 4.0.

O estudo nos medios

Clic en el botón Editar para cambiar este texto.