Project Description

Tendas do futuro – Inditex

Centro tecnolóxico: ENERGYLAB
Sector: Textil
Cliente e/ou socio: INDITEX
Data inicio e fin: 2012 – 2013
Convocatoria:
Competencia I+D+i: Enerxía e sustentabilidade

Descrición

O obxectivo principal deste proxecto era a definición de propostas innovadoras para a mellora da eficiencia enerxética e a sustentabilidade ambiental nas tendas de Inditex. A finalidade baseábase en sentar as bases para o deseño das novas tendas, tanto no caso de rehabilitación como en novas aperturas, garantindo o máximo compromiso en materia de eficiencia enerxética e sustentabilidade, de xeito que en 2020 todos os puntos de venda de Inditex sexan ecoeficientes.

Impacto

Inditex, o maior grupo téxtil do mundo, conta con máis de 6.300 tendas en 87 mercados. Grazas á adopción dalgunhas das propostas innovadoras de eficiencia enerxética recollidas no proxecto, así como ao resto de iniciativas incluídas no Plan Estratéxico Ambiental de Inditex, conseguiuse reducir un 2,3% o consumo enerxético por peza vendida nas tendas propias do Grupo entre os anos 2013 e 2014.